Saturday 18 de May de 2024

Paiosaco Veteranos, campión d 36ª edición do Torneo “Concello da Laracha” de Peñas de Fútbol


O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello, fixeron entrega dos trofeos.

Paiosaco Veteranos proclamouse campión da 36ª edición do Campionato de Peñas de Fútbol “Concello da Laracha” tras vencer na final por 1-0 a Sporting Laracha no encontro disputado o pasado sábado no Campo Municipal da Laracha.

A primeira metade foi moi igualada, cos dos conxuntos mostrándose sólidos en defensa e sen crear ocasións claras de gol.

O marcador estrearíase ao comezo da segunda metade, cando Bruno finalizou con acerto un pase de “Papá” para facer o único tanto do encontro.

Coa obriga de buscar o empate, Sporting Laracha arriscou na última media hora e xerou perigo principalmente con balóns colgados á área. Mesmo celebraron un tanto de Lou de cabeza que foi anulado por fóra de xogo.

Nos últimos minutos Paiosaco Veteranos, aproveitando o cansazo de Sporting Laracha, tamén puido pechar o partido ao contraataque con outro gol invalidado polo colexiado e un man a man que Rama non foi quen de materializar.

Os trofeos foron entregados polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello.